EJERCICIOS DE LAS PAAU DEL
TEMA 6-PRODUCTIVIDAD
PAAU 2011
1.Resolva o seguinte
problema (2,5 puntos)
Dúas empresas fabrican o
mesmo modelo de cámara fotográfica dixital. Os datos anuais para cada unha das
empresas son:
Empresa A
|
Empresa B
|
||
Nº de unidades producidas
|
10.000
|
12.000
|
|
Prezo de venda por
unidade
|
300 €
|
400€
|
|
Man de obra utilizada
|
2.500 horas
|
3.200 horas
|
|
Salario dos traballadores
|
40 €/hora
|
40 €/hora
|
|
Horas de maquinaria
|
1.000
|
1.500
|
|
Custo maquinaria
|
50 €/hora
|
50 €/hora
|
|
Pídese:
1.- Calcular a
produtividade media do traballo en cada unha das empresas, sinalando en cál
delas o factor traballo é máis produtivo. (1 pto.)
2.- Calcular a
produtividade global para cada unha das empresas. (1 pto.)
3.- Se os salarios dos traballadores
se fixasen en función da súa produtividade ¿cal sería a diferenza salarial
entre os traballadores de cada unha das empresas? Expresa a diferenza en termos
porcentuais. (0,5 ptos.)
PAAU 2012
2.Resolva
o seguinte problema (2,5 puntos)
Unha
empresa industrial fabrica un produto que se vende no mercado a un prezo de 375
euros a unidade. Os custos fixos da empresa ascenden a 975.000 euros anuais e o
custo variable unitario é de 215 euros. Ademais, o nivel de produción anual
estímase en 7.500 unidades. Tendo en conta esta información,
Pídese:
1.-
Calcular o nivel de produción mínimo que evita as perdas no exercicio anual.
¿Que nome recibe o devandito nivel de produción? (1 pto.)
2.-
Calcular a produtividade media da man de obra se durante o exercicio están
empregadas na fabricación 30 persoas e traballan un total de 1.800 horas anuais
cada unha. (1 pto.)
3.-
Calcular o resultado que obterá a empresa se vende toda a súa produción. (0,5
ptos.)
PAAU 2013
3. Resolva o
seguinte problema (2,5 puntos)
Unha empresa que se dedica á fabricación de ladrillos conta con 16 obreiros
que traballan oito horas diarias. O salario por hora que percibe cada
traballador é de 10 euros. Nunha xornada de traballo de 8 horas prodúcense
20.480 ladrillos. A empresa está valorando a opción de comprar e instalar un
forno novo capaz de producir 30.000 ladrillos ao día. Pídese,
1.- Calcular a produtividade do traballo co forno antigo e co forno novo. (1 pto.)
2.- Calcular a variación da produtividade do traballo se a empresa decide instalar o forno novo. (1 pto.) 3.- É necesario utilizar o salario por hora para calcular a produtividade do traballo?. Xustifica a túa resposta. (0,5 ptos.)
1.- Calcular a produtividade do traballo co forno antigo e co forno novo. (1 pto.)
2.- Calcular a variación da produtividade do traballo se a empresa decide instalar o forno novo. (1 pto.) 3.- É necesario utilizar o salario por hora para calcular a produtividade do traballo?. Xustifica a túa resposta. (0,5 ptos.)
PAAU 2014
4. - Resolva o seguinte problema (2,5 puntos)
A
empresa FLOOR S.L., dedicada á colocación de chans de madeira conta con 30
empregados, cada un dos cales ten unha xornada laboral de 8 horas diarias e traballa
260 días ao ano. A empresa coloca un total de 312.000 metros cadrados de chan
ao ano. Pídese:
1.
- Calcular a produtividade de cada empregado por hora traballada. (1 pto.)
2.
- Se a produtividade media das empresas do sector é de 6 metros cadrados por
hora traballada, calcular a porcentaxe en que debería aumentar a produtividade
da empresa para equipararse a devandita media. (1 pto.)
3. - Suxerir algún tipo de medida que poida contribuír a conseguir unha
mellora da produtividade na empresa. (0,5 ptos.)
PAAU 2014
5. Resolva o seguinte problema (2,5 puntos)
A
empresa WASH S.A. dedícase á fabricación de lavadoras. O cadro de persoal desta
empresa está formada por 35 traballadores cunha xornada laboral de 7 horas
diarias e 300 días ao ano, e a súa produción anual é de 45.250 lavadoras.
Pídese:
1.
- Calcular a produtividade media por hora traballada. (1 pto.)
2.
- Se a produtividade media do sector é de unha lavadora por hora e traballador,
¿en que porcentaxe tería que aumentar a produtividade da empresa para igualar a
devandita media? (1 pto.)
3. - Propoñer algún tipo de medida que poida mellorar a produtividade
media do traballo. Razoa a túa resposta. (0,5 ptos.)
PAAU 2015
6. Resolva o seguinte problema (2,5 puntos) A empresa BISCUIT S.A. que se
dedica á elaboración de galletas, tiña no último ano un equipo de 80
traballadores. A produción do ano foi de 850.000 quilogramos de galletas e
empregáronse 1920 horas por traballador. Durante o ano seguinte, a empresa
reduciu o seu equipo nun 10%, a produción do ano foi de 910.000 quilogramos de
galletas e o número de horas por traballador foi o mesmo que o ano anterior.
Tendo en conta esta información, pídese:
1.- Calcular o valor da produtividade da man de obra da empresa en cada un dos dous anos. (1 pto.)
2.- Calcular a variación da produtividade entre eses dous anos. (1 pto.)
3.- Sinala unha posible explicación que podería xustificar a variación da produtividade calculada no apartado anterior. (0,5 ptos.)
1.- Calcular o valor da produtividade da man de obra da empresa en cada un dos dous anos. (1 pto.)
2.- Calcular a variación da produtividade entre eses dous anos. (1 pto.)
3.- Sinala unha posible explicación que podería xustificar a variación da produtividade calculada no apartado anterior. (0,5 ptos.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario