PAUU 2008
A empresa STOCKSA, cunhas vendas
anuais comprobadas de 10.000 unidades dun determinado produto,
estima que para o seu bo
funcionamento se require manter un stock de seguridade de 150 unidades. Sabendo
que os custos fixos de pedido
ascenden a 20 euros e os custos variables unitarios de mantemento das
existencias
en almacén son de 0,9 euros,
Pídese:
a) Calcular o volume óptimo de
pedido. (1 pto.)
b) Calcular o custo total dos
inventarios e o número de pedidos que se realizarán ao ano. (1 pto.)
c) ¿Cal
sería o valor do stock medio do almacén? Xustificar a resposta. (0,5 ptos.)
PAUU 2013
Dada a información contida no seguinte cadro sobre a produción (medida en unidades producidas) e os custos (expresados en euros) dunha empresa hipotética
Produción
1
2
3
4
5
6
7
8
Custos Totais
50
65
77
85
90
108
150
200
Pídese: 4.1.- Calcular os custos medios totais e os custos marxinais para os distintos niveis de produción. (1 pto.)
4.2.- Representar graficamente as funcións de custos totais, custos medios e custos marxinais. (1 pto.)
4.3.- Comentar os resultados obtidos nos apartados anteriores. (0,5 ptos.)